 |
Ola, o meu nome é Xosé Antón Vicente e son o encargado de levar a sección galega de Primewares. Se coñeces algún freeware en galego ou inglés con arquivos en galego, por favor
envíame un correo electrónico co nome do programa e a URL. Incluireino no banco de datos tan pronto como sexa posible. ¡ Grazas polo apoio ! |
| Most Popular in Category |
Newest in Category |
|
Phorum é un script baseado en PHP e web para a creación de foros, que ten como obxectivo o ser totalmente utilizable independientemente da base de datos utilizada e da plataforma ou sistema ...
|
Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
|
341 programs, showing page 5 of 35
← 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 →
|
Calibre
|
Calibre permíteche administrar a túa librería de ebooks dun xeito rápido, cómodo e eficiente. Podes incorporar libros en multitude de formatos para despois realizar a conversión ao LRF, EPUB ou MOBI, segundo o que mellor se adapte ao teu dispositivo.
Con Calibre podes editar os metadatos de cada libro rápidamente, tan só facendo dobre clic, visualizar os libros no visor integrado, explorar a túa librería vendo as portadas dos libros en pseudo-3D e incluso descargar xornais ou fontes RSS para lelas tranquilamente no teu lector.
Calibre soporta os seguintes formatos: LRF, RAR, ZIP, RTF, LIT, TXT, RTF, HTML, XHTM, EPUB, PDF, CBZ, CBR, MOBI, PRC, LRF e é válido para os sistemas operativos: Linux, OS X, e Windows: XP, Vista e W-7.
ScreenShot
|
Hits in this month: 3 - Added: 22nd Dec 2009 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
CDDVD
|
Con este programa poderás gravar os teus Cds ou DVDs da maneira máis fácil. Pode borrar CD-RW ou DVD e soporta OVERBURN e RAW-MODE. Posúe a súa propia detección ASPI/SPTI e non precisa driver ASPI para NT/W2K ou XP. Nota: Trae integrado CDR-TOOLS 2.01a16.
|
Hits in this month: 1 - Added: 31st Aug 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Child Proof
|
CHILD PROOF é un programa que protexe o teu ordenador dos nenos que accidentalmente premen botóns erróneos ou teclas. Oculta tódalas fiestras, Barra de Ferramentas de abaixo e o escritorio, e reeprázao por unha Barra de Ferrramentas cos programas que permites que o neno execute. Esto evita a maioría dos problemas de cando os nenos utilizan os ordenadores, pero non todos. Por favor, le a documentación antes de executar CHILD PROOF.
Aquí podes descargar o instalador co programa traducido ao galego
|
Hits in this month: 1 - Added: 20th Aug 2004 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
ChromePass
|
Esta pequena utilidade de recuperación permitirache ver os nomes de usuario e contrasinais almacenados polo navegador web Google Chrome. De cada entrada se amosaráseche información variada tal como a URL de orixe, o campo de usuario, o campo de contrasinal e a hora de creación. Ademáis permite gardar toda esta información nun arquivo de texto/html/xml ou copialo ao portapapeis.
ScreenShot
|
Hits in this month: 2 - Added: 6th Oct 2008 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
CLCL
|
CLCL e unha utilidade de captura do Portapapeis na que:
- Están soportados tódolos formatos de Portapapeis.
- A plantilla pode ser rexistrada.
- Un menú emerxente e amosado ao premer "Alt+C."
- O menú pode ser personalizado.
- O elemento e pegado automáticamente.
- A imaxe e amosada nun menú.
- As suxestions (tooltips) son amosadas nun menú.
- O formato para deixar e o formato para gardar poden ser establecidos.
- A fiestra ignorada pode ser establecida.
- A tecla de pegar para cada fiestra pode ser establecida.
- A función e extensible con plug-in.
- Freeware
|
Hits in this month: 1 - Added: 2nd Aug 2004 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
CleanAfterMe
|
Esta interesante aplicación permitiranos borrar fácilmente os arquivos e entradas de rexistro creadas polo sistema operativo Windows durante o seu funcionamento normal.
Poderás limpar as cookies, o historial, a caché e os contrasinais de Internet Explorer, o cartafol de recentes, as entradas do rexistro que gardan os últimos arquivos abertos, o cartafol temporal de Windows, o Portapapeis, os rexistros de eventos, a Papeleira de Reciclaxe e moitos outros elemento que poden servirlle a outro usuario para coñecer o noso uso do PC. O programa é totalmente portable polo que podemos levalo con nós nunha unidade USB para usalo onde e cando queiramos.
ScreenShot
|
Hits in this month: 1 - Added: 18th Jun 2008 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Clic
|
Clic é un programa sinxelo, lixeiro, funcional e gratuíto para uso educativo, que permite crear e editar actividades educativas no ordenador de calquer tema, asignatura ou materia curricular para que os alumnos as realicen, tamén de maneira sinxela e fácil. Poderíamos comparalo co equivalente electrónico do libro de texto e o caderno de actividades. Ademais está integramente traducido ao galego, incluíndo o manual do programa e a axuda.
Clic ten basicamente dúas funcionalidades:
- Permítelle a un mestre crear actividades co ordenador de tipos variados:actividades de texto, asociacións (unir con frechas), sopas de letras, encrucillados e crebacabezas cun mínimo esforzo e sen requerir coñecimentos especializados de informática.
- O mesmo programa serve para que o alumno realice as tarefas.
Como extensión a isto, o programa permite agrupar as actividades en paquetes secuenciais e autoavaliar o uso das actividades por parte do alumno.
Páxina coas actividades Clic en galego
Outra páxina con clics galegos
|
Hits in this month: 1 - Added: 15th Jul 2002 - Added by: pb
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Climograma
|
Pequena utilidade para crear Climogramas.
Un climograma utilízase para representar os datos de temperatura e precipitacións dun lugar, o longo do ano.
Mirando un climograma podemos saber se o clima dese lugar é seco ou húmido, se fai moita calor ou frío, etc. Para construir un climograma primeiro debes escribir os datos de temperatura e precipitacións, logo preme no botón REPRESENTAR, e xa tes o gráfico.
|
Hits in this month: 1 - Added: 21st Oct 2006 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
341 programs, showing page 5 of 35
← 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 →
ReCache this page 2010-07-31 15:19:59 CEST |