Primewares


International Freeware Database.
Presents 39338 freeware programs, for Windows OS, from all around the world.

Home | Latest Programs | Popular Programs | Suggest a Program | Contact | About

HomeFreeware in your language → Galician language

Suggest a Program

Ola, o meu nome é Xosé Antón Vicente e son o encargado de levar a sección galega de Primewares. Se coñeces algún freeware en galego ou inglés con arquivos en galego, por favor envíame un correo electrónico co nome do programa e a URL. Incluireino no banco de datos tan pronto como sexa posible. ¡ Grazas polo apoio !

Most Popular in Category Newest in Category
Phorum é un script baseado en PHP e web para a creación de foros, que ten como obxectivo o ser totalmente utilizable independientemente da base de datos utilizada e da plataforma ou sistema ... Calibre permíteche administrar a túa librería de ebooks dun xeito rápido, cómodo e eficiente. Podes incorporar libros en multitude de formatos para despois realizar a conversión ao LRF, EPUB ou ...
340 programs, showing page 4 of 34
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12

BitComet
Galician BitComet é un novo cliente para descarga de ficheiros BitTorrent, que nos ofrece unha máis que atractiva combinación de interfaz clara e intuitiva, sinxeleza de uso e rapidez nas descargas.
Inclúe unha serie de interesantes funcións como son a posibilidade de realizar descargas simultáneas, chatear con outros usuarios, manter unha cola de ficheiros para descargar, limitar as velocidades de subida e baixada, mapear portos, soporte para servidores proxy, filtro de enderezos IP, posibilidade de reanudar descargas interrumpidas, etc.
Todo elo organizado nunha interfaz de deseño sinxelo e elegante, cunha estructura de árbore á esquerda que nos ofrece interesantes ligazóns a sitios relacionados con BitTorrent, unha fiestra superior onde podemos ver o estado das nosas descargas e unha inferior onde visualizar detalles de cada unha de elas.
Hits in this month: 25 - Added: 18th Mar 2005 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
BitLord
Galician BitLord é un programa de descarga de arquivos gratuito p2p plenamente compatible co sistema Bittorrent (o máis famoso protocolo p2p deseñado para a distribución a alta velocidade de arquivos de gran tamaño: do 100MB ata o GB).
BitLord é potente, limpo, rápido e fácil de usar para clientes de Birtorrent . Permite descargas simultaneas e moitas funcións adicionais.
Hits in this month: 14 - Added: 12th Jun 2005 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
Bloc de Notas para o Windows 2000
Galician Non hai comentarios sobre este archicoñecido editor de arquivos en formato 'Texto'. Instala unha versión en galego e goza del. Traducción feita por José M. Alarcón Aguín. A instalación de Galego21 instala o programa nun directorio aparte, e para executalo tes que ir ao directorio e executalo (ou mellor, crear un acceso directo dende o escritorio). Tamén podes substituír o Bloc de Notas de Windows,cambiándolle o nome a este arquivo por 'Notepad.exe' e o copiándoo a 'c:winNT' e máis a 'c:winNTsystem32'.
Hits in this month: 12 - Added: 9th Jul 2002 - Added by: pb
Comment on this program - Recommend this program
Block de notas en galego
Galician Sinxelo editor similar ao Bloc de notas, e en galego.
Hits in this month: 13 - Added: 17th Jul 2005 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
BluetoothView
Galician Esta pequena aplicación execútase en segundo plano e serve para amosar unha lista cos dispositivos Bluetooth activos no teu arredor. De cada uno deles amosarache información variada tal como:
  • O nome do dispositivo,
  • A dirección bluetooth,
  • O tipo de dispositivo maior e menor,
  • A hora da primeira e última detección, e moito máis...
Tamén pode avisarche cando se detecte un novo dispositivo Bluetooth dentro do teu alcance.

screenshot ScreenShot

Hits in this month: 17 - Added: 10th Mar 2008 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
Bótalle unha man ao Xocas
Galician Divertido e comprometido xogo "En liña" no que terás que axudarlle a un labrego "O Xocas" a conseguir a súa cota láctea picando co rato enriba dela cinco veces.

Argumento:O Xocas é labrego, e tamen é galego, polo que irremediablemente implica que ten vacas. Ademais o Xocas como moitos miles de labregos galegos adicase á venda de leite, do mesmo xeito que fixera o seu pai e mailo seu abó, o certo é que el non lembra outra cousa na súa casa, dende ben pequeno acorda levar o pote de leite á estrada para que pasaran da fabrica a recollelo, daquela eran os caldeiros de lata, e os camiños sen asfaltar, e no verán enchianse de pó os caldeiros por fora cando ia vento.
Ó Xocas hoxe en dia non lle chega o traballo que poida aportar el mesmo (que é moito), senon que precisa duns papeliños que lle din o número de litros que pode vender. Isto non seria problematico se ditos papeliños lle deixaran producir os litros necesarios para levar adiante a súa explotación gandeira, pero iso por desgracia non é asi.
Axuda ó Xocas a atrapar os papeliños que acrediten a súa cota leiteira, cando vexas voando o papel da cota pola foto do Xocas e as súas vacas, apunta enriba dela coa frecha do teu rato e preme o boton esquerdo nese intre, tes que ser moi rapido, xa que a cota é dificil de atrapar, hai moi pouca é fuxe coma un lostrego. Xocas precisa 5 papeis de cota lactea para ir sobrevivindo.
Hits in this month: 15 - Added: 23rd Jan 2004 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
BRiNDYS BRiNOTAS
Galician Esta aplicación permítelle manter no escritorio de Windows 95, Windows 98, Windows 2000, Windows XP e Windows NT un conxunto de notas persoais, ó estilo das notas adhesivas empregadas nas oficinas, pero coas avantaxes que o soporte informático lle confiren.

BRiNOTAS admite múltiples entornos: notas compartidas por todo o mundo nunha rede local, de forma que calquera usuario da rede poida lelas, ou privadas, seguindo ó usuario que as creou a calquera ordenador da rede que utilice, ou mesmo só para unha única persoa en ordenadores usados por múltiples usuarios.
Hits in this month: 14 - Added: 9th Jul 2002 - Added by: pb
Comment on this program - Recommend this program
Bukster
Galician Con esta aplicación poderás escanear sitios web e descargar só os arquivos que che interesen. É un cliente HTTP altamente configurable que permite alterar certas configuracións HTTP, co cal poderás aforrar tempo e ancho de banda ao descargar contidos dun sitio web. Entre outras cousas pode analizar unha única páxina ou importar tódolas ligazóns dun enderezo en particular, eliminar automáticamente ficheiros duplicados, etc.
Hits in this month: 14 - Added: 5th Oct 2004 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
Caderno de mates
Galician O caderno de mates naceu, xa hai uns anos, na escola Can Massallera de Sant Boi de Llobregat, provincia de Barcelona, e foise desenvolvendo coa inestimable axuda das nenas e nenos que medraron nas nosas aulas. Recibín, tamén, moitas suxestións de profesionais que o empregaron e, cando foi posible, funnos incorporando. Mención especial merecen Manuel Paz, Antonio Gil, Xosé Antón Vicente e Blanca Besga, pola inestimable axuda que me permitiu traducir o programa ao galego e ao eusquera.

Caderno de mates intenta aproveitar a motivación que xera o uso do ordenador no alumnado para exercitar mecanismos de numeración e cálculo no ensino primario, frecuentemente tediosos e, sempre, consumidores dun tempo precioso que poderíamos dedicar a actividades de investigación, de razonamento, de descuberta matemática. É, polo tanto, como di o seu nome, un caderno. Non ten máis pretensións.
Ofrecémolo gratuitamente por coherencia coa nosa defensa do ensino público e gratuíto, na que coincidimos o lapisdecores e os autores do programa. Non máis que pedir a quen o empregue que nos faga chegar as súas críticas e suxestións.

O caderno de mates é un programa que permite dispór de exercicios programados e autoxerados relacionados co cálculo básico: suma, resta, multiplicación e división; numeración e números romanos. O programa traballa sobre o listado dos alumnos e alumnas dunha aula, gardando o nivel de dominio adquirido por cada un deles en cada un dos apartados, podendo o mestre dun xeito fácil determinar o grao de complexidade de cada nivel e os criterios de avaliación para a superación do mesmo.
Hits in this month: 19 - Added: 15th Jul 2002 - Added by: pb
Comment on this program - Recommend this program
Calcul
Galician Calcul axudará ós seus estudantes escolares elementais a practicar a aritmética mental ou fraccións. Escolla suma, substracción, multiplicación, división ou fraccións, entón pon o rango de números e o número de cálculos para un exercicio. O programa amósalle dous números ou fraccións respectivamente, e vostele elixe unha resposta. Tanto as respostas correctas como as erradas reciben unha verificación por audio e hai un panel de control para lembrar as porcentaxes de acerto do exercicio. Para un desafío maior, xogue contra un amigo ou poña un límite de tempo para unha resposta correcta.
Hits in this month: 13 - Added: 19th Oct 2002 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
340 programs, showing page 4 of 34
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12


ReCache this page
2010-03-11 17:37:50 CET

Admin Login | Home | Top of this page |