Primewares


International Freeware Database.
Presents 39855 freeware programs, for Windows OS, from all around the world.

Home | Latest Programs | Popular Programs | Suggest a Program | Contact | About

HomeFreeware in your language → Galician language

Suggest a Program

Ola, o meu nome é Xosé Antón Vicente e son o encargado de levar a sección galega de Primewares. Se coñeces algún freeware en galego ou inglés con arquivos en galego, por favor envíame un correo electrónico co nome do programa e a URL. Incluireino no banco de datos tan pronto como sexa posible. ¡ Grazas polo apoio !

Most Popular in Category Newest in Category
Phorum é un script baseado en PHP e web para a creación de foros, que ten como obxectivo o ser totalmente utilizable independientemente da base de datos utilizada e da plataforma ou sistema ... Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
341 programs, showing page 18 of 35
16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26

mp3Trim
Galician Editor que entre outras moitas funcións normaliza MP3 sen descodificalos mp3Trim é un completo editor de MP3 potente e sinxelo de usar que traballa directamente no arquivo, sen perda de calidade no proceso. - Axuste e normalización do volume manual ou automaticamente - Recorte do final ou principio axustando en segundos ou frames - Varios tipos de fade in/out no principio e final do MP3 - Inserción de silencios ao principio ou final - Edición da información ID3 - Detección de arquivos con perda de datos ou defectuosos

Aquí podes descargar o arquivo coa traducción ao galego
Hits in this month: 0 - Added: 22nd Oct 2002 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
MSN Messenger para Linux
Galician Esta é unha versión modificada e en múltiples linguaxes do Compu'S Messenger (CCMSN). Ten bastantes novidades, pero o autor segue traballando nela.

Características:

  • Sons para os eventos
  • Apariencia e manexo similar ó MSN Messenger orixinal
  • Multilinguaxe
  • Transferencia de arquivos
  • Soporte para grupos
Hits in this month: 0 - Added: 29th Dec 2002 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
MSN Messenger para o galego
Galician Dende aquí podes descargar calquera das traduccións dispoñibles ata o de agora para o MSN Messenger (para as plataformas Windows 95/98, NT/2000 ou XP). Tamén inclúe un programa para elimina-los anuncios no Messenger.

Instruccións:

  • En primeiro lugar, debes descarga-lo programa de instalación en castelán dende a propia páxina de MSN Messenger e executalo (se aínda non o tes instalado no teu ordenador).
  • Unha vez instalado o Messenger, comproba e anota a versión que tes (para iso, olla no menú Ayuda > Acerca de MSN Messenger) e asegúrate de pechar ben o Messenger, antes de seguires adiante (de xeito que non se vexa a icona na barra de tarefas).
  • Finalmente, descarga e executa a traducción que necesites desta páxina (de acordo co número de versión do teu Messenger que xa anotaches).
Hits in this month: 2 - Added: 21st Jan 2003 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
Multidesktop Manager
Galician Multidesktop Manager é un programa encargado do escritorio que che permite crear apariencias de escritorio múltiples e intercambiar entre elas. Este programa funcionará somentes en Windows NT 4.0/Windows 2000/Windows XP ou máis adiante. Podes configurar a aplicación en distintas linguas: Checo, holandés, inglés, Estonio, finlandés, francés, galego, alemán, italiano, xaponés, polaco, portugués, Rumano e español.
Hits in this month: 0 - Added: 1st Nov 2002 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
MWSnap
Galician MWSnap é un pequeno pero potente programa de Windows para capturar imaxes de partes seleccionadas da pantalla.

A versión actual é quen de capturar a pantalla completa, unha fiestra resaltada, un menú activo, un mando ou unha parte rectangular libre ou fixa da pantalla. MWSnap manexa 5 dos máis populares formatos de imaxe e contén diversas ferramentas gráficas: un zoom, unha regra, un recolector de cores e un espia de fiestras. Pode tamén usarse como un visor e conversor rápido de imaxes.

MWSnap non require instalación e non precisa dlls especiais, drivers ou arquivos de sistema que poden desarranxar o teu equipo.

Primewares Award

Hits in this month: 3 - Added: 23rd Jan 2003 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
MyAlbum
Galician MyAlbum é un catalogador de imaxes e pode axudarte a construir álbumes de foto dixitais. MyAlbum só almacena ligazóns aos arquivos de imaxes. As imaxes incluidas no álbum non son físicamente almacenadas nel e necesitas o arquivo orixinal para visualizalo. Tras engadir imaxes no álbum, se moves ou borras algunha delas, MyAlbum no poderá volver a amosala. Do mesma xeito, é conveniente facer unha copia de seguridade das túas imaxes antes de levar a cabo calquera modificación nelas.
Hits in this month: 0 - Added: 22nd Oct 2002 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
MyCalendar plus
Galician O Addon MyCalendar plus permiteche por un calendario de eventos nos teus foros phpBB, avisa do acontecementos vindeiros, permisos integrados co phpBB, vamos o que se lle pide a un Addon destas caracteristicas, ten case de todo.
Ligazón á Web orixinal
Aquí podes descargar o mod en galego
Hits in this month: 0 - Added: 12th Oct 2003 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
MyLastSearch
Galician Esta utilidade escanea na caché e o historial do teu navegador web para localizar todas as consultas de búsqueda que fixeches nos motores máis populares tales como Google, Yahoo e MSN.
Amosarache información variada sobre cada unha das búsquedas e poderás copialas ao portapapeis ou guardalas nun arquivo de texto/html ou xml.
Hits in this month: 2 - Added: 16th Dec 2007 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
MyUninstaller
Galician Con esta aplicación poderás facer desinstalaciones de programas con moita máis facilidade e información que co típico Agregar e Quitar programas do Panel de Control de Windows. Preséntache unha lista detallada de tódalas aplicacións que están instaladas e dende esta lista poderás facer varias funcións tales como desinstalar, borrar a entrada ou exportar la lista en formato HTML ou TXT.
Hits in this month: 0 - Added: 20th Nov 2004 - Added by: av
Comment on this program - Recommend this program
Navegador Xis
Galician O Xis é unha versión "localizada" ao galego do Netscape® Communicator polo Proxecto Xis. Por localización enténdese basicamente tradución. Agora ben, nun produto localizado modifícanse ademais algunhas características no ánimo de amosalo, facelo máis útil para unha determinada comunidade, neste caso a comunidade galegofalante. Unha mostra destas modificacións é precisamente que no menú Axuda, o apartado Información e soporte do produto apunte xustamente a esta páxina, e non a unha páxina da Netscape. Outra modificación importante é a páxina de marcadores distribuída co produto, que inclúe ligazóns a páxinas que consideramos de interese para @s galeg@s. Cómpre aclarar que isto non é algo específico da nosa versión, senón que está dentro dun amplo proxecto de desenvolvemento e localizacións da propia Netscape.

O proxecto Xis agrupa por medio da rede, no máis puro estilo internauta, un fato de galeg@s preocupad@s polo futuro da súa lingua. Conscientes do impacto a cada paso maior da informática sobre a vida das persoas, e da influencia da lingua de comunicación cos computadores sobre a vida lingüística das persoas, estamos convencidos da necesidade de termos ferramentas informáticas en galego para garantir o futuro da nosa lingua. O proxecto Xis xorde aproveitando a iniciativa da Netscape de permitir a localización do Comunicator1 e fixa como meta ofercerlle á comunidade galega aplicacións de rede en galego adaptadas ás nosas necesidades.
Hits in this month: 2 - Added: 9th Jul 2002 - Added by: pb
Comment on this program - Recommend this program
341 programs, showing page 18 of 35
16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26

Admin Login | Home | Top of this page |